Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): Evolución a través dos rexistros sacramentais (II)
23 de xullo de 2011 (09:27 h.)
A mortande iniciará unha baixada na súa tendencia ata finais da década dos 50 para dar paso a unha crítica década dos 60 que se culmina no ano 1769, ano crítico a nivel galego, que con máis de 80 mortos se converte no momento máis luctuoso de todo o período. Xusto despois desta grave crise de subsistencias, comenza o período máis benigno do s. XVIII, en canto a mortande se refire, cunha ampla baixada da mesma, correspondéndose no tempo con período expansivo da poboación cunha forte subida dos nacidos e unha lixeira recuperación dos casamentos.
Os anos finais do s.XVIII experimentan unha subida da mortandade xeral, especialmente no litoral, onde a matricula de mar obrigaba ós mariñeiros a loitar nos navíos reais, moi activos nestes anos nas guerras contra os ingleses primeiro e os franceses despois. O s. XIX, ten un comportamento moi regular no que se refire a mortandade cun crecemento da mesma a partir da década dos trinta en consonancia co aumento da poboación, polo que esta mortandade xa non se explica polas crises de subsistencias senón como consecuencia do avellentamento dunha poboación que ven medrando con forza desde corenta anos atrás.
A evolución dos casamentos é a que menos variacións ofrece. Nembargantes é interesante ter en conta como a segunda metade do s. XVII de novo volta a ser de signo positivo, ó igual que acontecía cos nacidos. Tamén se pode apreciar a baixada producida pola crise de 1709-10, que se repite na década dos 40, e como dende o ano 1760 a evolución é moi uniforme con escasas variacións. Así pois, con esta evolución, a explicación do forte crecemento experimentado pola poboación desde 1780 aproximadamente, ten que explicarse por un aumento da fecundidade, máxime cando detrás de todo o exposto hai unha emigración importante que incide, precisamente, no aumento do número de solteiras.
En resumo, temos unha segunda metade do s. XVII de importante cremento poboacional, frente a un s. XVIII moito máis relaxado. Nel hai unha tendencia á baixa dende 1710 ata 1780, cando comenzará a recuperarse pola baixa da mortandade. Os momentos máis suliñables deste s. XVIII serían os anos da crise de 1709-19, ben documentada a nivel de Galicia; a elevada mortandade das décadas de 1730-45 cun afundimento dos nacidos entre 1740-60, circunstancia que na comarca da Ulla e no Salnés ten lugar entre 1735-45, mentras que nas terras do Xallas aparecerá nos 60 e finalmente no Barbanza retrasarase ata finais do século.
Un último feito a destacar sería a recuperación que experimenta a poboación despois de superada a críse do ano 1769. Esta recuperación corrobora o que xa creía Dupaquier cando afirmaba que as crises “excitaban” o dinamismo demográfico. Esto non impide que as crises tiveran como consecuencia un freno momentáneo ó crecemento, retardando este, e que ademáis serviran, xunto coa emigración, de regulador á poboación para adaptarse as distintas coiunturas económicas.
A primeira metade do s. XIX é de claro crecemento ata a década de 1840, a partir da cal os nacementos baixan claramente ó mesmo tempo que aumenta a mortandade, que ata este momento presentara unha evolución moi regular neste século.
Chegamos así ó final do Antigo Réxime cunha poboación de 2.633 habitantes nas parroquias que conformaran a partir do ano 1836 o concello de Cee. Lonxe quedan aqueles 1.000 habitantes, aproximadamente, do ano 1587. Neste percorrido de tres séculos pódense distinguir varias etapas. A primeira delas iría dende 1533 ata 1590 aproximadamente e estaría caracterizada polo forte crecemento da poboación. Dende finais do século XVI ata mediada a década dos trinta do século XVII a poboación medraría dun xeito moi lento ou manteríase , mentras que será a partir dos anos corenta ata o ano 1708 cando teña lugar a fase de crecemento máis forte experimentada pola poboación ata ese momento. Nesa data os aproximadamente 2.300 habitantes que habitaban os territorios do futuro concello ceense non sospeitaban o que se lle viría encima nos anos seguintes. A partir do ano 1709 abrese un longo período de crise que chegará ata os anos oitenta, pasando por un novo episodio dramático como foi o do ano 1769. Dende finais do século XVIII, a poboación volta a entrar nun ciclo expansivo, que se verá truncado momentáneamente pola invasión francesa, pero unha vez superada ésta, a poboación inicia con forza unha nova etapa positiva, se ben os porcentaxes de crecemento non acadarán valores pasados.
Novas relacionadas
As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 1. O marco xeográfico-xurisdicional de partida.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 2. As fontes para o seu estudio no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 3. O Censo de 1533.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 4. 4. O Censo de 1571.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 5. O Censo de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 6. O Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 7. Análise do Vecindario de 1587.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 8. O Censo de 1591 e resumo da evolución no século XVI.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 9. O século XVII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 10. O século XVIII e primeiro tercio do XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 11. As veciñanzas de 1708.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 12. As veciñanzas de 1711 e 1717.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 13. Cee na segunda metade do século XVIII.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 14. Cee no primeiro tercio do século XIX.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860).
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 16. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter accidental.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 17. Os rexistros parroquiais: as faltas de carácter sistemático.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación (ss. XVI-XX): 18. Os rexistros parroquiais: as Visitas Pastorais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 19. Conclusións sobre a validez das fontes parroquiais.
- As parroquias do concello de Cee: notas sobre a súa poboación (ss. XVI-XX): 20. Evolución a través dos rexistros sacramentais (I).
Que pasou na Costa na época moderna
- Que pasou na Costa: Unha ollada á época moderna.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (I): Tipoloxía, fontes para o seu estudio e causas dos mesmos.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (II): Tipos de movementos e a súa incidencia na demografía.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III): O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV): A primeira metade do século XIX na comarca fisterrán
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (V): Os lugares de destino dos emigrantes ceenses.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VI): Os lugares de destino dos emigrantes de Fisterra e Corcubión na primeira metade do s. XIX.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VII): Os cataláns, a sardiña e o comercio peninsular.
- Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII): O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I): A localización dos hospitais.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (II): Os hospitais e a súa relación coa prolongación xacobea.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (III): A situación na vila de Cee.
- A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (IV): A situación nas vilas de Corcubión, Fisterra e Muxía.
Que pasou na Costa
- I: Descubrindo a nosa historia.
- II: O Megalitismo na Costa da Morte.
- III: A época castrexa (1ª parte).
- IV: A época castrexa (2ª parte).
- V: A pegada romana (Iª parte) .
- VI: A pegada romana (IIª parte).
- VII: A pegada romana (IIIª parte).
- VIII: A Época Medieval (1ª parte). Os suevos.
- IX: A Época Medieval (IIª parte). Séculos VI ó IX.
- X: A Época Medieval (IIIª parte).A aparición da Casa de Traba.
- XI: Época Medieval (IVª parte). Os Traba e as loitas polo poder.
- XII: Época Medieval (Vª parte). A reorganización territorial.
- XIII: Época Medieval (VIª parte). Dos Traba ós Moscoso.
- XIV: Época Medieval (VIIª parte). As loitas entre o arcebispo de Santiago e os Moscoso no século XV.
- XV: Época Medieval (VIIIª parte). A revolta irmandiña.
- XVI: A Época Moderna (1ª parte): O marco xurisdicional.
- XVII: A Época Moderna (2ª parte): As terras e os señoríos.
- XVIII: A Época Moderna (3ª parte):A poboación e a súa evolución.
- XIX: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- XX: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- XXI: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns.
- XXII: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns.
- XXIII: A época moderna (8ª parte): As explotacións agrarias no século XVIII.
- XXIV: A época moderna (9ª parte): As profesións na Costa do século XVIII.
- XXV: A época moderna (10ª parte). O 1º terzo do século XIX.
- XXVI: A Época Contemporánea (1ª parte): A evolución demográfica (1860-2005).
- XXVII: A Época Contemporánea (2ª parte). As décadas centrais do s. XIX.
- XXVIII; A Época Contemporánea (3ª parte): A consolidación do fenómeno migratorio a América desde finais do século XIX.
- XXIX: A Época Contemporánea (4ª parte): A emigración no século XX.
- XXX: A Época Contemporánea (4ª e última parte): A emigración no século XX.
Elección Histórica da Costa da Morte
Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia
- Douscentos anos da invasión francesa na Costa da Morte.
- O asentamento das tropas galas en Cee e Corcubión.
- Preparativos contra a invasión.
- A xunta de defensa tiña case todo do seu lado, pero varios erros levárona cara a derrota.
- O fatídico 13 de abril de 1809.
- A importancia das fragatas e o papel xogado pola inglesa «Endymion» no ataque a Cee e Corcubión.
- A perda de dúas igrexas e da vella talla da Virxe da Xunqueira.
- A invasión do 21 de abril.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).