O futuro do Centro Galego de Bos Aires
19 de xaneiro de 2011 (11:04 h.)
Dona Diáspora sabe que malia todos os contratempos o heroico Centro Galego de Bos Aires sairá adiante. Non esquece que temos unha gran débeda cos nosos irmáns na Arxentina. Unha débeda que non se arranxa coas subvencións autonómicas ou estatais. Aínda que agora axudemos cun millón de euros anuais non facemos nada que se poida considerar como extraordinario. O que se debe de agradecer é o esforzo indivivual e colectivo que supuxeron durante os primeiros 50 anos do século pasado aqueles cartiños que viñeron do outro lado do mar. Foi o sentimento de identidade dos emigrantes o que encheu barcos de bauis con roupa e as parroquias de edificios escolares. Os que ían lonxe levaban a súa aldea no corazón.
Se alguén quere facer números pódense facer para calarlle a boquiña a moito paspán solto que fala sen coñecemento de causa. Se consideramos que hai dirixentes políticos que non valoran os sentimentos haberá que escribirlles ben clariña a cifra de 500 millóns de euros de débeda que é hoxe unha aproximación ao valor dos millóns de pesetas que ingresaron en Galicia nos tempos en que media ducia de pesetas eran cartos. Se desde a Xunta de Galicia se fai unha achega ao Centro Galego de medio millón de euros anuais podemos en cinco anos saír dos números vermellos.
Entón que está a pasar? Poida que alguén se lle pase por alto que os cartos deben ir ao Centro Galego. Ata onte mesmo había unha entidade intermediaria a Fundación Galicia Saúde que foi totalmente ineficaz e onde moitos cartos se perderon. Non vale apena entrar xa en trsites intentos de negocio fraudulento baixo a tapadeira da privatización. O que pasou debe servir de ensinanza para avanzar. O noso fogar da rúa Belgrano ten unha directiva que se responsabilizará da xestión e que será a que presente as contas. Cada ano desde Galicia se lle dirá así vai ben ou así vai mal.
O novo presidente é persoa de fiar. Os que coñecemos a Carlos Vello Pombo afirmamos que ademais de bo coñecedor do terreo é tamén un persoa de recoñecido prestixio pola súa honradez. Don Carlos ten as súas raíces divididas entre os concellos de Covelo [Pontevedra] e Ordes [A Coruña]. Falando con él axiña sentimos que o fillo da emigración é un digno herdeiro do noso sangue. Fala con sensatez e di que o traballo que ten por diante vai na liña ética de non estragar o que construíron os seus devanceiros na capital arxentina. Unha persoa boa e xenerosa foi a que escolleron os asociados para dirixir a recuperación do egrexio e histórico Centro Galego do Bos Aires.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Colaboracións anteriores dende Lonxe de Montevideo
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai .
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .