O segundo mandato do “gayego” Vázquez
Na esquina do “Rover” os rapaces da barra están a despedir o verán ao mesmo que reciben, moi ilusionados, a volta á presidencia de Tabaré Vázquez Rosas. Agardan que no vindeiro quinquenio prenda ben a semente artiguista por medio dun axeitado rego co ideario frenteamplista.
- “En Montevideo hemos tenido siempre tantos gallegos que cuando ahora vamos a Galicia nos parece estar entre montevideanos”.
- Mario Benedetti.
- FLACO: Pois ben, meus amigos, haberá que irse preparando para apontoar a Tabaré no seu segundo mandato. Creo que todos no “Frente Amplio” imos botar de menos o inconfundible estilo do vello petrucio Xosé Mujica. Estamos moi agradecidos ao Pepe que puxo ao Uruguai no altar da comunicación internacional. Coido non trabucarme se afirmo que desde o triunfo de Maracaná non se falou –tanto e tan ben-- do noso “país verde y herido”, ao dicir do inesquecible Benedetti. Agora con Tabaré temos que irnos acostumando á discreción, o cal non significa que veña unha etapa aborrecida no que se refire á comunicación. É evidente que o doutor xogou nunha cancha moi diferente a do Pepe e iso, márcate.
- POCHO: Paréceme que estades a falar do Pepe en pasado. Aínda non morreu, ollo! Está no Rincón do Cerro e ben rufo aínda. Confésovos que soltei unhas bágoas o domingo na despedida na praza Independencia. Chorei de alegría. Somos moi afortunados por ter ao Mestre Mujica. Eu véxoo así pero algúns nabos resentidos insisten en queitarlle todo merecemento a enorme publicidade que o Uruguai recibe en todo o mundo. Non hai cartos para pagar o que fixo o Pepe polo país ao predicar co seu exemplo.
- TANO: Aínda que haxa algún que outro tarouco que negue o evidente; o Pepe está aló enriba no máis alto do ranking patriótico da Banda Oriental. É inaudito que que un presidente deixe cartos do seu peto para a formación profesional en agricultura. O Pepe quere os mozos e mozas aprendan todo o relacionado co cultivo. ¡Outros levaron! Algúns ex presidentes comezaron a roubar hai 50 anos –Xurxiño-- ou hai pouco co “azucre” do banco baleirado –Luisiño-- pero deixar case medio millón de dolares para a dotación dun centro de ensino non é habitual. Cada día que pasa engrándecese máis a súa figura pero non semella que teña moitos imitadores.
- DON JOSÉ: Coincido en que somos afortunados por poder vivir ao compás das éticas ensinanzas de Mujica. É un orgullo para o Uruguai. A súa forma de ser levouno a estar presente na prensa internacional e a súa filosofía de vida recolle os aplausos de medio mundo. Sin gastar un peso en publicidade estamos na boca de milleiros de cidadáns que desexan coñecer o país de Mujica. Non entendo aos que poñen os seus intereses por diante cando o que corresponde é poñelos detrás, no fondo. O primeiro é a imaxe do país e despois o partido político que votemos. Poida estea fóra de onda e quizais o máis “cool” sexa subirse ao carro da indefinición coma se a actual mellora do país viñese dunha gran nube blancolorada con forma de billeteira que sementa dólares nos petos de aquele que eleven as súas pregarias ao sol.
- FLACO: Tabaré é persoa moderada. É un baqueano que sabe escoitar. Pensen nos anos que leva atendendo pacientes atacados por fodidos cancros. Agora é un presidente feliz porque pode axudar a mellorar a saúde física e espiritual de millóns de cidadáns. Volve á pegada para cumprir co mandato artiguista de que “los más infelices sean los más privilegiados”. Creo que sin ser feliz non se pode lograr a erradicación definitiva da pobreza no Uruguai. Quero dicir que os presidentes amargados non irradian boa onda. Se miramos para as expresións faciais de Xurxiño, Luisiño e Xuliño; é para poñerse a chorar. Na súa faciana levan o inequívoco selo da traición aos ideais que o grande Artigas deixou en herdanza.
- POCHO: Ben, paréceme que estades poñendo moitas flores no camiño. Penso que os blancolorados irán metendo espiñas no roteiro e paos nas rodas para que o noso bo tropeiro don Tabaré non chegue aos “Corrales de Algorta” --unha mención especial en recordo de don Osiris-- coa misión cumprida. Tratarán de impedir, por medio da prensa coimera, de que se instale definitivamente na conciencia cidadá a receita dunha diaria dose frenteamplista de solidariedade. Seguirán repetindo as boludeces de que os ladróns rouban porque o “Frente” os axuda con subvencións para preguiceiros.
- TANO: Non dixen que o goberno do “Taba” será unha papita rica pero é evidente que hai poucos espazos para entrarlle. O Pepe daba máis cancha porque xogaba sen porteiro e sen defensa. Era el contra todos. Tabaré será criticado por ser frenteamplista pero deixarán a marxe a súa meritoria traxectoria de médico oncólogo. Ao Pepe dábanlle forte polo seu pasado que dicían o inhabilitaba para falar de democracia. Sen embargo, son da opinión de a prensa coimera vaino botar en falta xa que era unha fonte inesgotable de titulares. Era senador pero que chegase á presidencia deixounos noqueados. Por outra banda, coido que aos blancolorados pódeos beneficiar o recunque de Tabaré. Así poderán centrar as súas críticas nas accións do goberno en lugar de falar das acelgas da famosa chacra do Rincón do Cerro.
- DON JOSÉ: Agardo non ter que ir para o cemiterio antes de que Tabaré cumpra o seu mandato. Temos por diante un fermoso período de certezas e de emocións. Non quero perder a inauguración do estadio carbonero e gritar o máis forte que poida os goles do xigante Peñarol. Desexo que no aeroporto de Carrasco poñan unha estatua en bronce de don Obdulio. Espero que se aprobe a lei que regulamente o dereito ao voto dos cidadáns residentes no exterior. Eu digo que un presidente neto de Galicia terá unha especial sensibilidade para promover unha norma xurídica que equiparará en dereitos a todos os cidadáns uruguaios, vivan acó ou na beira da fronte. O presidente Vázquez ten raíces en Ourense, na parroquia da Purísisma Concepción de Vilar de Astrés –alí naceu o seu avó Xosé que tiña un almacén na Tella en 1940-- así que entende perfectamente que os emigrantes non deben ser castigados por ir buscar o pan lonxe da súa aldea. Tamén empurrarei para que nombre a Cristina Fernández Fernández como embaixadora en Madrid. Xa lles teño falado da miña amiga. Lembrarán que lles comentei que é neta de don Rosendo, un zapateiro que se acompañaba no seu labor con cancións da súa Pastoriza natal. Asegúrovos que con Cristina na embaixada aumentará notablemente o coñecemento dos españois sobre Juana de Ibarbourou.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata.
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).