Presión fiscal dos nosos concellos
Quen acepta de bo grao aumentos na tributación municipal? A resposta parece sinxela: ninguén. Pero, si a decisión se adopta con sensatez e se explica, a cousa cambia.
Como cidadáns, esiximos melloras constantes na prestación dos servizos públicos locais e sabemos que os recursos son limitados. Por iso, comprendemos a necesidade de contribuír de acordo coa nosa capacidade económica.
Segundo os orzamentos aprobados para o exercicio 2012 polos municipios aos que se circunscribe Qué pasa na costa, a presión fiscal media per cápita (ou, o que é o mesmo, os tributos propios de cada concello dividido entre o número de habitantes), é de 337,49 euros. Esta cifra é moi inferior á media da provincia de A Coruña (458,19 euros) e á do conxunto de Galicia (443,55 euros).
En consecuencia, non parece sensato criticar aos nosos dirixentes municipais que decidan subir impostos, como tampouco é serio castigar, co voto, aos que disciplinan os ingresos e incrementan a carga fiscal.
No seu caso, considero que se trata dunha decisión política necesaria e, nus momentos como estes, valente. Xa que establecer impostos, incrementalos ou esixir coactivamente o seu ingreso mellorando a recadación, non é sinxelo, porque pode ter consecuencias electorais negativas.
Como contribuíntes debemos actuar con sensatez, pedindo que se apliquen criterios de eficiencia e equidade na imposición. E, por suposto, xestión transparente e eficaz, porque é a única forma de avanzar, xuntos, en democracia. Pero, todo iso, depende de nós, da nosa educación cívica, da intelixencia social e, en definitiva, do noso bo sentido común.
- Fonte: Datos extraídos da web: www.minhap.gob.es.
- Domingo Guerra (domingoguerra@quepasanacosta.gal). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).