Saqueo Vikingo
Teño dito moitas veces xa nestas liñas que esta presunta democracia (gardemos o dereito a presunción, que esta de moda) non é mais que unha forma de extorsión e roubo permitido e amparado polas autoridades elixidas pola banca e os financeiros e consentida polos cidadans. E mira ti por onde, nestes días circula pola rede un mail o que hoxe quero facer referencia por varias razóns.
A vista de que nunha semana, polo visto, BNG e PP en Cee pretenden permitir que un delincuente condenado por conducir borracho e outro, presunto, a espera de xuizo ocupen o goberno municipal en base a non sei que escusas para eludir a súa responsabilidade… perdón que me desvío, digo que agora que o mundo segue patas arriba e xa sen careta o estado capitalista usureiro occidental se amosa en toda a súa crudeza, resulta máis que interesante saber cousas como as que conta ese mail, aló menos aquelas que eu mesmo teño mais ou menos contrastado en varias ocasións.
Por exemplo, esa que di que co que gaña Rajoy nun mes, unha pensionista con catro fillos podería vivir durante dous anos e medio. Ou esa outra que afirma que é tal o descontrol que en España non existe nin unha soa institución que coñeza cantos políticos cobran do Estado.
Zapatero é o único presidente da unión europea que carga os seus gastos vacacionais aos presupostos estatais. Viaxa con 100 persoas durante tres semanas. Pola súa banda, José María Aznar é o único ex presidente do Goberno que solicitou o soldo vitalicio que supón sentarse no Consello de Estado, institución inútil e sen valor nin contido herdada da época franquista. Esto suponlle 74.000 euros anuais. Unha nómina que pretendía sumar a de executivo do magnate da prensa de ultradereita americano Rupert Murdoch. Denegáronllo loxicamente pero saiulle igualmente rentable. Aznar renunciou por un soldo de 220.000 euros ao ano, tres veces máis do que cobraba como conselleiro de Estado.
Non existen datos oficiais sobre as faltas ao traballo dos políticos ou aló menos non se fixeron nunca públicos.
O ultracatólico presidente do Congreso, José Bono entre soldo e complementos, cobra 13.856 euros ao mes desglosados deste xeito; 3.126 como deputado, 3.605 de complemento polo seu cargo, 3.915 para gastos de representación e outros 3.210 de libre disposición. As duas últimas partidas suman máis de 6.000 euros mensuais para comidas, agasallos e actos de protocolo. Todos estes cartos sen contar as indemnizacións previstas pola lei para sufragar, textualmente, «gastos que sexan indispensables para o exercicio da sua función».
En España hai 8.112 alcaldes, 65.896 concelleiros, 1.206 parlamentarios autonómicos, 1.031 deputados provinciais, 650 deputados e senadores, 139 responsables de Cabildos e Consellos insulares e 13 conselleiros do Val de Arán.
En 34 anos de democracia nunca se sancionou a ningún político por incumprir o denominado “Código del Buen Gobierno”, que se supón que controla as boas prácticas do Executivo (Ja!)
O Congreso gasta cada ano 160.000 euros nos agasallos do nadal. 11.000 cargos públicos reciben obsequios por esas datas, un gasto que suma ao ano 2.200.000 euros.
52 políticos nacionais ocupan cargos en 74 fundacións distintas: 31 polo PSOE, 28 polo PP e 4 polo resto de grupos.
Pero aquí ven o mellor. Os membros desta “elite” investiron 66 millons de euros na celebración das eleccións xerais de 2008. Deses cartos 44 millóns foron prestados por bancos españois para financiar campañas publicitarias. As mesmas entidades que ese ano de crise embargaron as casas de 60.000 familias por falta de liquidez. 180.000 persoas quedaron sen teito. Nembargantes os partidos deben aos bancos 144,8 millons de euros. E non pasa nada.
O próximo día 11 varias persoas deben tomar unha decision que ten pouco de politica e moito de social, humana e cabal. Ou ben legalizamos o saqueo viquingo ou ben levantamos de novo as Torres de Oeste e nos defendemos do asalto. Ou lexitimamos a desfeita ou nos implicamos en impedila. Non depende nin de min nin dos outros 3000 sensatos cidadans que obtaron pola cordura, fóra esta de esquedas, nacionalista ou de dereitas. Depende solo deles. Saqueo viquingo ou lexítima alianza. Sona a seculo XIX… pero é o que hai.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.