Shackleton

Hai no internet un bo fato de libros dedicados a figura de Ernest Shackleton. En concreto sei de dous que a min me serviron moito. Un chámase “SHACKLETON: GUIA PARA JOVENES” obra de Christopher Edge (Loguez Edicións.2006). O outro, o meu preferido, narra a aventura que o fixo famoso. Unha expedición fracasada denominada Endurance e que pretendía cruzar o continente Antártico de unha a outra punta e pasando polo Polo Sur. Unha rota que provocaría un percorrido antártico de non menos de 3.500 kilometros. Chámase “ATRAPADOS EN EL HIELO” de Caroline Alexander (PLANETA, 2004) e narra a forma na que un fracaso absoluto se converte nunha lección de liderazgo en condicións extremas dignas de ser lembradas e obxecto de mención como exemplo para os mais novos. Corría o ano 1914. O 14 de Agosto,  a expedición “Imperial Trans-antártica” partía de Londres co obxectivo de atravesala Antártida dende un punto preto da Bahía Vahsel, ao sur do Mar de Weddell, ata alcanzar o Polo Sur para, dende alí, continuar ata a Illa de Ross, xusto no extremo contrario do continente. O Endurance, que así se chamaba o barco de madeira no que Shackleton e outros 25 homes embarcaron, quedaba  atrapado no xeo. Cabe lembrar que a esas alturas de ano, finais de agosto, na Antártida e en todo o hemisferio sur e inverno, con temperaturas de 30 e 40 graos baixo cero. As condicións na Bahia Vahsel eran horribles, con ventos racheados e continuas precipitacións. O obxectivo da misión tivo que ser abandonado nada mais comezar e dende ese momento a única cousa que ocupou a cabeza do capitán e da tripulación foi a supervivencia. Shackleton e os seus homes dedicáronse entón a facer todo o humanamente posible por liberar o navío, pero foi inútil.  Lentamente o xeo foi comprimindo o fráxil casco de madeira da embarcación ata rematar esmagado. A expedición quedaba sen aloxamento, dado que ata ese momento e por case dous meses o “Endurance” fora o seu único refuxio. Neste punto, Shackleton toma a decisión de comezar a sacrificar os cans que traían no barco e que inicialmente ían destinados a tirar dos trineos de cara a grande viaxe. Chegados a este momento o capitán prioriza a alimentación dos seus, a vista de que os víveres inicialmente previstos son evidentemente insuficientes. Shackleton e os seus homes comezan aquí unha viaxe máis épica aínda que a prevista pola expedición inicial. Un enorme traxecto en trineo atravesando o xeado Mar de Weddell. Kilometros baixo as peores condicións e en ocasións a deriva, dado que as grandes placas de xeo nas que se converte este enclave viaxan sobre a mar de debaixo sen control. Un golpe de sorte fai que mentres se trasladaban, os xeos en movemento contribuíron a achegalos o seu destino, o pe do mar, dende onde, por medio dun bote onde os 26 homes caben de milagre, alcanzan a denominada Illa Elefante, no arquipélago das Illas Shetland do Sur. Un peñasco no medio do mar pero cercano as rotas dos baleeiros de comezos do século XX. Unha vez alí, e despois de semanas agardando, deciden realizar unha arriscada misión, a vista de que algúns membros do equipo comezan a sufrir graves problemas de saúde despois de case seis meses na Antártida nas peores condicións posibles. Reconstrúen un bote de pequenas dimensións aproveitando parte das madeiras do que utilizaron para chegar a Illa Elefante e, sacrificando os últimos cans, Shackleton acompañado de outros cinco homes navega ata a illa San Pedro, nas Georgias do Sur na busca de axuda. Esta viaxe, realizada a finais do Outono Antártico, embarcados nun bote de tan so 6,7 metros de eslora, atravesando o Paso de Drake e ata San Pedro pasa por ser unha das mais complexas travesías nunca realizadas nun bote de remos. Finalmente a expedición de emerxencia toca terra na costa sur da illa. Pero non cantemos vitoria. Shackleton sabía que existía unha estación ballenera o outro lado da illa e inicia o camiño,  atravesando o único paso posible, escalando unha cordilleira que percorría a illa coma si esta fora a súa espiña dorsal. 36 horas despois logran finalmente chegar o emprazamento dende onde se organiza o rescate dos demais homes. Era xa o mes de Agosto cando, a fin, o Capitán Ernest Shackleton logra o rescate dos seus homes na Illa Elefante. Todos sans e salvos. Dado que toda a tripulación do “Endurance” sobreviviu un ano na Antártida, nun dos peores invernos en decadas, sen perder un só home, as acertadas e as veces arriscadas decisións de Shackleton continúan sendo postas como modelo de liderazgo en condicións extremas. Quería rematar 2010 con esta historia. Unha fantástica oportunidade para que vexamos como algo chamado o fracaso, o desastre absoluto, a traxedia, non ten porque acabar en iso. De cómo cualidades humanas como o liderazgo, a sensatez, a decisión e a valentía en doses moderadas e momentos precisos pode conseguir o imposible. Que trinta homes non perezan as mans dos elementos e da fame. Que un territorio non acabe feito trizas e devastado por unha crise imposta polo capital. Liderazgo, sensatez, valentía. Que os Reis nos traían moito disto… falta nos fai. Chegan tempos máis difíciles aínda que os actuais. Serenidade, aplomo, entrega, sacrificio. Feliz 2011, onde queira que este.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores