Solutions. Alcoholismo Social

Vén de aprobar e publicar a Xunta una nova lei que pretende (sen conseguilo, xa o adianto) acabar co problema, que máis pronto que tarde se converterá en lacra, do alcoholismo na mocidade galega. Un problema, que o é, que cada dia afecta a un maior numero de mozos e mozas, dende una idade cada vez máis temprana e con consecuencias futuras cada vez máis devastadoras. Aí están as enquisas, non quero aburrir reproducíndoas pero no ultimo informe sobre drogas queda ben claro que o consumo indiscriminado aumenta na vez de diminuír, e que aínda caendo o numero de mozos que acoden o botellón non cae de igual maneira a cantidade de alcol que estes consumen nas fins de semana. A lei de marras, contestada polo BNG e polo SOE pedindo birras gratis e denunciando que a lei pretende “que só beban os ricos” non vai servir nin para dar algo de comidilla política aos medios. Nin para criticala vale. Unha nova lexislación inútil que xustifica a existencia de burócratas que a escriban pero a tódolos efectos inútil e inadecuada. Hai meses que din a liña do que se debería facer para acabar co alcoholismo. Liñas sinxelas e reguladoras do problema real. Por repetilas (que non se diga) marco as básicas;
  • Regular a venda; impedindo que en Supermercados, Hipermercados, Gasolineiras, 24Horas e grandes superficies se venda ningunha clase de bebida alcohólica con máis de 8% de volume de alcohol por litro. Cervexas e pouco máis.
  • A venda especializada; de tendas con permisos especiais para dispensar alcohol por enriba desta graduación e reguladas por unha dura lexislación que multe e incluso peche aqueles negocios que vendan alcol a menores de 21 anos.
  • Subir a idade legal para consumir bebidas alcohólicas por enriba dos 21 anos. No peor da sangría de mortes de mozos e mozas nas estradas sempre me preguntei o porque de que non se aplicase esta simple medida. O mellor xeito de impedir que alguén conduza borracho é, directamente, que non poda beber. De pouco vale dicirlle que non pode conducir bebido cando, socialmente, estar “pedo” é a base fundamental do ocio de toda unha xeración.
  • Deixar de utilizar a cultura o redor do viño para xustificar barbaridades comerciais inescusables. O viño, un grolo, unha copa, é cultura. A inxesta indiscriminada de pseudo viños, baseados en uva si pero cheos de produtos químicos non é cultura. É negocio..
Todo isto é básico pero, coidado. A clave esta na mente de cada un. Debemos desterrar frases que xustifiquen comportamentos e faltas inadmisibles. Alguén que da positivo non bebeu “un vasiño”. Bebeu máis. Alguén que conduce e supera tres, catro ou cinco veces o limite, así teña 20, 30 ou 55 anos é un delincuente. Un perigo potencial nalgo tan perigoso de por si como a condución. E merece ser sancionado ou, no seu caso, reeducado. Ou incluso “curado” si a súa enfermidade traspasa o moderado e entra no terreo do cotiá. Un borracho non é simpático. É patético. E, sexa quen sexa o individuo, non ten nada de respetable nin de admisible. É un pésimo exemplo que perpetua un problema cuxas consecuencias veremos máis drasticamente nun futuro non moi lonxano. Outra cousa é, claro, que as autoridades estean dispostas a resolver o problema. Iso depende de canto perdan ou gañen para os seus partidos… non, non falo de votos. Falo de cartos.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Verdades anteriores