Tempo de separar
¡Xa chegou o nadal! Xa chegaron as comilonas familiares, os regalos e o consumir dun xeito pouco responsable. E tamén chegou o tempo de separar. Envoltorios de plástico, vidrio, sobras de comida, papeis de regalo, cartóns… Así que cando toque a hora de sair a tirar o lixo non vale iso de levar nunha soa bolsa todos os residuos. Aquí suxerímosche unhas pequeñas e fáciles accións de separación de residuos que axudan a coidar o medio:
- Comida: Segundo a ONU, unha terceira parte dos alimentos producidos o ano no mundo para o consumo humano desperdicianse. Este problema ambiental, económico e social acentúase nas festas do nadal, cando se chega a tirar ata un 40% dos alimentos producidos. Ademais de practicar un consumo responsable os desperdicios da comida poden ter outra vida: como abono da terra.
- Vidrio: O vidrio que se usa habitualmente como embalaxe en botellas de bebidas é un material idóneo para reusar. No caso de que nos fagamos con botellas ás que non lle atopamos utilidade podemos separalas e tiralas nos contendores de vidrio con forma de iglú. Case todo o vidrio recuperado usase para a producción de novos envases e botellas e os fabricantes emprégano triturado como sustituto parcial da materia prima, xa que aforra enerxía.
- Tetra Brik: os envases de tetra brik no que se soen embalar líquidos como o leite ou zumes están feitos de tres capas de plástico, unha de aluminio e outra de cartón, polo que son 100% reciclables. Deposítanse no contenedor amarelo. Con este material faise madeira aglomerada ou recupéranse os materiais primarios que os constitúen.
- Papel e cartón: Tanto o papel de regalo como as caixas de cartón que embalan os agasallos que soemos recibir nestas datas son materiais reciclables. Débense de depositar nos contenedores propios para este material para que se procesen e volvan a ser de novo cartóns, folios, papel hixiénico ou servilletas.
- Aceite usado: O aceite usado pode ter unha segunda vida na casa como xabrón, seguindo o método tradicional. Outra opción é xuntalo nun recipiente para logo lévalo ao punto limpo do noso concello para a xeración de biodiesel. O que nunca se debe facer é vertelo polo sumidoiro xa que un litro de aceite usado contamina case mil litros de auga.
E recorda que tamén podemos desfrutar dunhas boas festas sen esquecernos do consumo responsable, dos productos locais e da época e do aforro enerxético.
- Lorena Martínez Canosa (lorena@quepasanacosta.gal).
Novas relacionadas
Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde
- Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar.
- Man de Camelle.
- Alimentos quilométricos.
- Mirando o ceo.
- Cheo, ¿por favor?.
- Un chapuzón en Corcubión?.
- A voltas coas prantas de acuiculura.
- O espectáculo do estuario do Anllóns.
- O roteiro do congro.
- A dieta da… carne.
- As cifras do Prestige.
- O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?.
- Como auga de outubro.
- Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
- A Ensenada do Trece, un dos sistemas dunares da Costa da Morte de alto valor ambiental.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).