Importancia ao importante

Unha vez un gran home, ao que quero e admiro con toda a miña alma e ao que sen dúbida algunha, lle debo a vida, contoume a historia do elefante encadenado de Jorge Bucay, psicólogo e escritor arxentino. E daquela, non entendía nin a mitade do sufrimento que tiña que estar pasando o elefante como o entendo ahora. E o outro día escuitaba a un famoso cantante latino dicindo “Nada ten sabor, nada ten color, nada ten sentido… “ 

E agora, agora todo encaixa. Ese elefante que ten a forza suficiente para autoliberarse pero que non o fai porque pensa que segue sendo un pequeno e indefenso animal que non é capaz de conseguir nada por si mismo, e ante iso, actúa con pasividade e resiliencia. Ese mismo elefante seguramente no seu proceso de crecimiento se sentiu como describe o cantante. Sentiu que a súa vida xa non tiña sentido si era para estar atado a un pau vendo a vida pasar. Tivo que sentirse só, abandonado, ofuscado, rabioso, triste, deprimido. E pasou por todas esas fases só, consigo mismo, el e a súa mente… dichosa mente. 

Por que nos autoconvencemos de que non podemos? Por que nos enganamos a nós mesmos pensando que non somos capaces? Por que nos deixamos levar por ese sentimento incluso de culpa e desexamos que ese sufrimiento pare para dar saída á paz mental cun simple e codicioso silencio? Por que somos tan vulnerables que antepoñemos a nosa propia vida para ter un pouco de paz en nós mesmos? 

Ti, que estás lendo esto, tes idea do que é crer que non tes razón algunha para despertar, para levantarte, ducharte e vestirte e vivir? Tes idea do esforzo infrahumano que facemos personas coma min cada día, cada minuto, por sobrevivir a nós mesmos? Porque esta, señores, esta é unha lucha cun mesmo, día e nuite, semana tras semana, ti contra ti. Podemos si, meter procesos psicolóxicos de 30’ ao mes e unhas cantas doses de pastillas ao día para lidiar algo menos co noso cerebro pensante e intentar levar unha vida normal que lle chaman. Pero, cansámonos tamén de pelexar, cansámonos de gritar e non ser oídos, cansámonos de ver como se vos enche a boca de “cúidade a salud mental” e despois somos os tolos do pueblo porque vamos ao psicólogo e ao psiquiatra e estamos dopados para sobrevivir a gilipollas coma ti que só teñen comentarios ferintes e dañinos cara personas coma min. E direiche máis, gracias a esa medicación, cando insinúas descaradamente en público que estou tola, non chego a arrancarche dun manporrazo a dentadura tan perfecta que tes, e contéñome e igual ata me afecta algo menos do que o faría de normal. Ou igual si te olvidas de poñer o intermitente do coche e me fas frear para non chocar contigo, igual ata podo controlarme e non insultarche e saír do coche a dicirche que es un puto subnormal con carnet do colacao. Pero claro, como xa teño a etiqueta de tola, é máis fácil iso que intentar iso que lle chaman “empatizar” que todos escuitamos pero que ningún probástedes nunca. 

E non é por ser mala nin que cho desexe, que todo o contrario, pero oxalá non sexas ti, ou un ser querido teu, o que mañá esté no meu lugar medicado ata as trancas sen gañas de vivir e pensando en como pode suicidarse tres veces á semana e nun só bo motivo para non facelo. Oxalá e nunca sepas o que sinto, oxalá e nunca te sintas sinalado por ter unha enfermidade que a sociedade di entender e en realidad enon entende, senón que discrimina. Oxalá e poidas ser feliz e disfrutar de cada momento da túa valiosa vida cos seres queridos que tes e encher o teu cerebro de bonitos recuerdos. Oxalá e nunca digas adeus por última vez sabendo que esa é a derradeira.

  • Laura Pola. Natural de Panchés, son unha persoa sinxela por fóra e complicada por dentro, con moito dano vivido e moito amor por recibir. Só quero vivir sin ser xulgada, nunha sociedade onde se priorice o amor e a saúde.