Os Reis Magos despediron o Nadal polas parroquias en clave de agro e de mar

Os Reis Magos en Mazaricos chegan en tractor para reivindicar o rural
Os Reis cun neno de Mazaricos
Reis Magos en Mazaricos no Belén de eucalipto
Os Reis montaron a bordo do Salvamar en Camariñas
A Cabalgata camariñá levou música da casa
Reis Magos polas parroquias de Malpica
Reis Magos polas Parroquias de Malpica
Reis Magos polas parroquias de Cee
Reis Magos no Museo Fernando Blanco de Cee
Reis Magos por Fisterra

Rematou o Nadal con esa máxica noite dos Reis Magos. Pero antes, non faltaron á cita coa tradicional Cabalgata, que percorreu rúas e parroquias de toda a comarca repartindo ilusión… e moitos caramelos de propaganda.

Nesta época de consumiso exacerbado, algúns chegaron con certo discurso, como os Reis de Mazaricos, que volveron chegar en tractor para reivindicar o rural. En vez de ouro, incenso e mirra, as Súas Maxestades ofreceron leite ao neno do Belén xigante de eucalipto.

Os Reis Magos tamén vincularon a zona, subindo a bordo do Salvamar Altair, antes de facer a súa ruta por todas as parroquias de Camariñas, rematando na Praza da Insuela, onde escoitaron as peticións dos peques.

Tamén fixeron o percorrido polas parroquias de Cee e Malpica as súas maxestades.