A Danza invadiu a enseada Ézaro
03 de agosto de 2021 (11:52 h.)
Singular espectáculo o que acolleu esta pasada fin de semana o Ézaro. O espectáculo El pedalOpiano de Le Piano du Lac & La Xata la Rifa tibvo lugar no Parque da Fervenza, no marco do programa cultural Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio, unha nova iniciativa da Xunta que se desenvolve ata o 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia, que acollerán outras tantas actuacións de 30 formacións artísticas.