Galería do torneo de Balonmán na rúa en Carballo

Arrincou esta pasada fin de semana precisamente en Carballo o novo proxecto de fomento da canteira da Federación Galega de Balonmán e a Deputación. O carballés, ademais dos de Camariñas e Muros, son dous dos 7 concellos da provincia nos que se organizar este torneo singular da Copa 5x5 Deputación da Coruña - Balonmán na rúa.

Foron un bo feixe de nenas e nenos de 6 a 11 anos os que participaron no torneo carballes, sendo os gañadores Star e Makariños, os primeiros campións do torneo.

A caravana fará parada en Muros (10-12 de marzo), e en Camariñas (do 19 ao 21 de maio).
Todas as persoas interesadas poderán inscribirse no seu propio centro escolar ou ben cubrir este formulario.