A Laracha inclúe "horas silenciosas" nas súas grandes Festas
Hai xeitos de facilitar a inclusión e nestes veráns de ruido salvaxe, a Comisión de Festas da Laracha vén de anunciar unhas medidas para favorecer que as celebracións sexan máis compatibles co descanso e o benestar de todas e todos.
"Sabemos que as festas son momentos de alegría e encontro, pero tamén somos conscientes de que non todo o mundo vive estas datas do mesmo
xeito. Por iso, este ano incluímos iniciativas pensadas para respectar o descanso da veciñanza e tamén para facilitar a participación de quen prefira
ou precise espazos máis tranquilos", explican.
Asi anuncian que durante todos os días das festas, de 17:30 a 19:30 h, estableceranse as Horas Silenciosas nas atraccións, tempo durante o que se reducirá o volume da música.
"Con esta medida queremos crear un entorno máis accesible para persoas con hipersensibilidade sensorial, así como para quen simplemente prefira
un ambiente máis calmo".
Ademais, anuncian os horarios de tirada de bombas, para que as xentes poidan estar atentas.
• Xoves 14:
- 22:30 h, anunciando o comezo da verbena.
• Venres 15:
- 9:00 h, só xunto á Igrexa Vella de Torás, con motivo datradicional Misa das Cociñeiras.
• Do Venres 15 ao Domingo 17:
- 10:30 h → Dianas e alboradas.
- 12:00 h → Pasarrúas.
- 13:30 h → Procesións.
- 22:30 h → Comezo das verbenas.
• Domingo 17:
- 00:00 h, sesión de fogos artificiais.