A Cabalgata da Laracha necesita dous días para atravesar as 13 parroquias

Imaxe da Cabalgata dos Reis Magos na Praza da Areosa (Vilaño) da Laracha en 2021

Os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar volverán percorrer as trece parroquias do municipio da Laracha na tradicional cabalgata que se celebrará o domingo 4 e o luns 5 de xaneiro, levando ilusión e maxia a por todo o concello

Como cada ano, a visita das Súas Maxestades completarase cunha festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís que terá lugar o luns 5 a partir das 17:00 horas.

O percorrido da cabalgata realizarase seguindo o itinerario dos anos anteriores con paradas en puntos representativos de cada parroquia. Os horarios son aproximados e poderán verse lixeiramente alterados en función do desenvolvemento da xornada.

Domingo 4 de xaneiro

MAÑÁ
• 11:00 h: Saída. Paso por Avenida López Astray, Gabenlle, Requesende, A Ferrulleira, Os Muíños de Abaixo, Merelle e O Cruceiro de Coiro.
• 11:30 h: Parada xunto á igrexa de Coiro. Paso por Novás.
• 12:00 h: Parada no Igrexario de Soutullo. Paso por A Xesta, O Seixoso, O Vilar, San Pantaión, As Orxeiras e Golmar do Medio.
• 12:30 h: Parada no Campo de Lamas. Paso polo Igrexario de Golmar, A Beria, O Ramallal, San Cristovo, As Cerqueiras, O Viso, Goexe, O Sopé e Propeste.
• 13:30 h: Fin do percorrido en Santa Margarida de Montemaior.

TARDE
• 15:30 h: Saída de Santa Margarida. Paso por As Cernadas, A Pena, A Baiuca, Cumiáns e O Raño.
• 16:00 h: Parada no Igrexario de Montemaior. Paso por A Ferreira, Trixezo, A Brea, Saldante, A Fraga e Villamir.
• 17:00 h: Parada no mosteiro de Soandres. Paso por Boimir, O Campo Medado, Santa Baia, Vista Alegre, A Millarada, Curros, Condesuso, Vilarmaior e A Fontenla.
• 18:00 h: Parada no Igrexario de Erboedo. Paso por O Toural, Penso, O Rapadoiro, O Loureiro, A Medoña, Paiosaco, A Porta Santa, Fofelle e As Torres de Cillobre.
• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.
• 19:30 h: Fin do traxecto na Praza Les Sables d’Olonne.

Luns 5 de xaneiro

MAÑÁ
• 11:00 h: Saída. Paso por A Telleira, urbanización Monte Claro e O Cancelo.
• 11:30 h: Parada no Igrexario de Cabovilaño. Paso por Cardois, A Braña, O Regado, Arén, O Castro, A Lagarteira, A Braña Grande, Proame e A Fontaíña.
• 12:30 h: Parada no Igrexario de Lemaio. Paso por A Teixoeira, Nogán, urbanización O Pereiro, As Calzadas, Bos Aires, O Formigueiro, A Ribela, Marfulo, Os Meáns, Amboade e A Areosa.
• 14:00 h: Fin do percorrido na Praza da Areosa de Vilaño.

TARDE
• 15:30 h: Saída. Paso por Estramil, Escurido e O Retorno.
• 15:45 h: Parada no Cruceiro de Lendo. Paso por A Fontenla, O Campo de Bragunde, O Campo da Porta, A Xesteira, O Campo da Costa e A Pedreira.
• 17:00 h: Parada na praza Eduardo Vila Fano de Caión. Percorrido polas rúas da vila e paso por Xermaña, A Barreira, A Cachada e Lestón.
• 18:00 h: Parada no campo da feira de Paiosaco e percorrido polas principais rúas da vila.
• 18:30 h: Percorrido polas principais rúas da Laracha.

• 19:30 h: Fin do percorrido no pavillón do IES Agra de Leborís.