O CEIP Caión repite no podio entre os centros que mellor reciclan as baterías

A representante do CEIP de Caión recibindo o premio

Entregaba onte a Xunta os premios concurso escolar de recollida de pilas, baterías usadas e acumuladores, no marco da campaña PIlabot. O CEIP de Caión, da Laracha, cunha media de 49,36 kg por alumno, repite a segunda mellor ratio de toda Galicia.

Dende os 150 centros participantes, o CPR Santiago Apóstol de Narón gañou na categoría absoluta coas 4,7 toneladas recollidas; e o Centro Rural Agrupado (CRA) Amencer de Ribadavia, con 62,80 kg por estudante, gañou por terceira vez na taxa de recollida.

Os catro centros recibiron un premio económico —de 2.500 euros para os gañadores de cada unha das categorías e de 1.250 para os segundos— que deberán destinar, en todo caso, á compra de material escolar ou deportivo.