Comezan as obras de mellora de abastecemento e o desbroce en varias parroquias da Laracha

O Concello abre un servizo de asesoramento catastral con cita previa

Esta semana comezarán as obras do proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga potable na parte alta das parroquias de Golmar e de Vilaño, no Concello da Laracha. A actuación consiste na ampliación da rede coa instalacións duns 1.500 metros de novas tubaxes que recibirán subministro directo por bombeo desde a estación potabilizadora (ETAP) de Gabenlle. Deste xeito reforzarase o caudal no ramal que abastece aos núcleos de poboación da Viña, As Brañas da Viña, Marfulo, O Igrexario de Golmar e O Ramallal.

O proxecto de saneamento, que será financiado integramente con fondos municipais, suporá un investimento de 45.000 euros.

Así mesmo, tamén arrinca estes días a campaña de roza e desbroce de cunetas nas estradas de titularidade municipal comezará a próxima semana nas parroquias de Montemaior, Soandres, Vilaño, Soutullo, Golmar, Lendo, Lemaio, Erboedo e Coiro despois de que o Concello completase recentemente o procedemento de contratación do servizo. Nestas nove parroquias prevese actuar nunha lonxitude lineal duns 242 quilómetros.
Trátase da segunda fase da campaña anual que o Concello desenvolve cada desde finais da primevera e ata o outono para adecuar a vexetación herbácea das marxes de todas as estradas, vías, pistas asfaltadas e camiños forestais de titularidade municipal.
O Concello destinará máis de 90.000 euros procedentes integramente de fondos municipais á campaña de desbroce deste ano.

Información Catastral

Paralelamente, o Concello ofrece un novo servizo de asesoramento Catastral no edificio de usos administrativos da Laracha (Avenida Fisterra, 60) o segundo e o cuarto mércores de cada mes. O seu primeiro día de atención ao público será o mércores da próxima semana, día 8 de xullo.

Do mesmo xeito que sucede con calquera trámite que se desexe realizar presencialmente no edificio administrativo e na Casa do Concello, os usuarios do servizo de asesoramento catastral deben solicitar cita previa chamando ao 981612811.