Piden colaboración cidadá para atopar os causantes do acto vandálico na área de Gabenlle

Incomprensibles actos como o que aconteceu na fermosa área recreativa de Gabenlle.  Unha das mesas de granito usadas polas familias para gozar do espazo natural, sufriu as consecuencias dalgún sinvergonza e sofre serios danos.

O Concello da Laracha quere denunciar publicamente o acto mentres manda a Policía Local investigar os feitos e solicita a colaboración cidadá.