Estefanía Pombo nova responsable local do BNG da Laracha

Renovou os cargos orgánicos BNG da Laracha esta semana nunha asemblea, na que a militancia escolleu por unanimidade a Estefanía Pombo como responsable local. Quedando como vicerresponsábel Xosé María Cotelo. Completan o Consello Local electo: o concelleiro David Bermúdez, a portavoz Carolina Castiñeiras e, ademáis, Xoán Sande, Oscar Calvo e Maribel Fraga.

O obxectivo deste Consello Local será aumentar a militancia e afrontar as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galiza para converter a Ana Pontón na próxima Presidenta da Xunta.