A Garda Civil extrema a vixilancia ante as concentracións de coches do polígono Laracha

Dende febreiro leva rexistrando a Garda Civil a existencia de concentracións de vehículos no polígono industrial da localidade da Laracha. Unhas concentracións que adoitan amosar de condutas perigosas na vía pública. Os participantes realizan manobras de alto risco consistentes en competicións de velocidade, aceleracións bruscas con perda de tracción (tecnicamente coñecidas como burn-out) e derrapes controlados (drift). Estas, executadas en presenza de numeroso público, xeraban un perigo grave e inminente para a integridade física dos asistentes.

Ante estas situacións, o Subsector de Tráfico da Coruña e en colaboración co Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT) do Sector de Tráfico de Galicia, vén de realizar diversos dispositivos de vixilancia. Un dos últimos operativos contou co apoio técnico do Equipo PEGASO, que desplegou aeronaves non tripuladas (drones) para a observación e Gravación de probas dende o aire. Este dispositivo foi coordinado de forma simultánea con patrullas uniformadas e vehículos camuflados co obxectivo é asegurar a identificación dos infractores.

Tras a análise das evidencias obtidas, os axentes identificaron a un condutor que, tras realizar manobras circulares bruscas (tipo spin), perdeu o control do vehículo e impactou contra o bordo nunha zona con alta densidade de espectadores, sen que se rexistrasen danos de gravidade.

Como balance do dispositivo, formuláronse máis de 30 denuncias administrativas por diversas infraccións á normativa de seguridade viaria
Ordenación do tráfico. As actuacións foron postas en coñecemento da autoridade administrativa competente.