Históricos resultados do SAL na Liga Española de Clubs de Salvamento

Grupo Infantil do SAL na Liga Española de Clubs

Segue facendo historia o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL), rompendo as súas marcas mesa mes. Esta pasada fin de semana protagonizou unha actuación extraordinaria nas competicións da Liga Española de Clubes, acadando resultados de máximo nivel nas categorías Infantil, Cadete-Xuvenil e Absoluta, consolidándose como unha das entidades de referencia do salvamento deportivo galego.

III XORNADA INFANTIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Na primeira hora da tarde do sábado, as instalacións acuáticas de Arteixo acolleron a III Xornada Infantil Norte, onde o Club SAL se proclamou Campión Xeral da competición, logrando un dobrete histórico ao acadar a 1ª posición tanto en Infantil Feminino como en Infantil Masculino.

Destacaron as medallas de ouro de Borja Blanco Lopez, Julia Bolón Collazo, Joel Landeira Suarez e Sabela Paulos Garcia, pero tamén gañou o equipo de relevos en 4x50 m relevo socorrista mixto. 

Ademais, houbo varios podios e varios representates quedaron no TOP10 como Carmen Domínguez Fariña, Izan Rama Pose, Isaac Mancebo Martínez, Lucas Chouciño Sotelo, Martina Lavandeira Pose, Noa Queijo Couselo ou Hugo Bello Añón, Noa Parga Mosquera, Emma Barreiro Barbeito e Gabriel Gavin Mouzo.

Mención especial para Hugo Sande Varela, Iria Martínez Manteiga, Lola Negreira Mariño, Lucía Lamas Pérez, María Castro Abelenda, Santiago Martínez Rey, pola súa entrega e compromiso, sumando puntos fundamentais para o éxito colectivo.


III XORNADA 2ª DIVISIÓN ABSOLUTA – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Equpo Absoluto do SAL 

Xa na tarde do sábado a continuación dos infantís, o Club Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación histórica ao proclamarse Campión Absoluto da III Xornada da 2ª División da Liga Española de Clubes, logrando a 1ª posición na clasificación xeral final.

Este éxito foi posible grazas ao dominio absoluto tanto da categoría Masculina como da Feminina, ambas campioas nas súas respectivas clasificacións.

Resultados destacados (Top 10):

  • Borja Diez García: 4º posto en 200 m supersocorrista.
  • Gabriela Paulos García: 2ª posición en 100 m socorrista e 5ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Iria Barreiro Matos: 2ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Juan Martín Rodríguez Lafuente: 2º posto en 100 m socorrista e 2º posto en 200 m supersocorrista.
  • Luis Negreira Mariño: 1º posto en 100 m socorrista e 1º posto en 200 m supersocorrista.
  • Martín Pensado Mariño: 5º posto en 100 m socorrista e 8º posto en 50 m remolque de maniquí.
  • Miguel Salorio Campi: 5º posto en 200 m supersocorrista e 7º posto en 50 m remolque de maniquí.
  • Noelia Loureiro Serrano: 1ª posición en 100 m socorrista e 1ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Sofía Mata López: 5ª posición en 100 m socorrista.

Relevos:
O equipo do SAL impúxose na proba de 4x50 m relevo socorrista mixto, acadando a 1ª posición.


III XORNADA CADETE-XUVENIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Xuvenís e Cadetes do Sal

Na mañá do domingo, a piscina municipal de Carballo foi o escenario da III Xornada Cadete-Xuvenil Norte, onde o Club Salvamento Acuático Laracha proclamouse subcampión xeral da competición, finalizando na 2ª posición da clasificación xeral.

O equipo Cadete acadou a 2ª posición na súa categoría, mentres que o equipo Xuvenil pechou a xornada cun meritorio 3º posto, confirmando o excelente traballo de base do club.
Destacaron deportistas como Alba Vázquez Gende, David Becerra Ramos, Hugo Ferreño Varela, Julia Insua Rico, Manuel Liñares Vilariño, María García Ferreiro e Simón Caamaño Verdía.
Tamén remataron en posicións de Top 10. Nos relevos, o equipo Cadete-Xuvenil acadou o 1º e 2º posto no 4x25 m remolque de maniquí e a 1ª posición no 4x50 m relevo socorrista mixto.

Na caegoría Xuvenil, destacaron nomes como Shaila Rodríguez Rodríguez ou Sofía Mata López, que acadaron o poido, e outros como Ángela García Pazos, Lía Parga Mosquera e Paula Vilar Romero, que quedaron entre os 10 primeiros.

Nos relevos, o equipo Xuvenil acadou o 1º posto no 4x25 m remolque de maniquí e a 2ª posición no 4x25 m socorrista mixto.

Mención especial para Ainara Naveira Sánchez, Darío González Santos, Martina Díaz Franco, Marcela Ponte Viñas, Uxue Casal Pan, pola súa excelente participación e achega de puntos ao equipo.

AGRADECEMENTOS

Desde a directiva Club Salvamento Acuático Laracha queren agradecer o esforzo de todos os deportistas e adestradores, asícomo de todas as familias que acompañan, animan, traballan de forma voluntaria e sosteñen este proxecto con compromiso, ilusión e sentimento de pertenza. 

"O Club SAL continúa a medrar día a día cun proxecto sólido e sostible, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), promovendo valores como a igualdade, a educación de calidade, o traballo en equipo, a inclusión e a vida saudable. A través do deporte, foméntase unha formación integral que vai máis alá da competición", explican. "Este modelo permite non só formar deportistas, senón tamén reter talento e atraer novos socorristas, consolidando unha canteira forte e comprometida, na que cada neno e nena atopa un espazo para crecer, mellorar e soñar".

 

PRÓXIMAS CITAS DA TEMPADA DE PISCINA E PRAIA

O Club Salvamento Acuático Laracha afronta agora as fases decisivas da tempada de piscina, con importantes citas autonómicas e estatais nas que o SAL volverá estar presente en todas as categorías:

• 21 de febreiro: Campionato Galego de Piscina Infantil, en Riazor (A Coruña).
• 28 de febreiro: Fase Final da Liga Española de Clubes – 2ª División Absoluta, en Arteixo.
• 1 de marzo: Campionato Galego de Piscina Máster, en Caldas de Reis.
• 7 e 8 de marzo: Campionato Galego de Piscina Cadete-Xuvenil, en Carballo.
• 14 e 15 de marzo: Campionato Galego de Piscina Xuvenil e Absoluto, en Ourense, pechando ata esa data a tempada de piscina.

A partir do mes de abril darán comezo as primeiras xornadas da tempada de praia, abrindo unha nova etapa competitiva na que o Club SAL continuará a medrar e competir coa mesma ilusión, compromiso e espírito de superación.