Un incendio nun trigal provocou a perda da visibilidade na AG-55

A comezos da tarde de onte, un incendio dun campo de trigo na Fontaíña, Lemaio (Laracha), provocou uns momentos de tensión coa perda de visbilidade na AG-55. O forte vento, e a combustión rápida do cereal facía presaxiar algo máis grave, pero a rápida intervención das forzas locais volveron permitir sufocar a tempo o lume.