A Laracha celebra as súas setas

Tivo lugar esta fin de semana a 9ª xornada micolóxica "As setas da Laracha”. Medio centenar de persoas achegáronse á zona de Gabenlle para participar no roteiro e no obradoiro de identificación das setas a cargo dos especialistas Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.