A Laracha oferta visitas guiadas para coñecer o Castro de Montes Claros

O Concelloda Laracha vén de poñer en marcha un novo programa de visitas guiadas ao Castro de Montes Claros para animar á cidadanía a coñecer tanto o xacemento como ás escavacións arqueolóxicas realizadas en colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia.

Ao longo do mes de xullo están programadas catro visitas que se van realizar da man da arqueóloga Puri Soto, directora do proxecto de posta en valor do Castro. Os xoves 10, 17 e 24 de xullo ás 12:00 horas as visitas serán á escavación,
poñendo o foco de atención nos traballos arqueolóxicos que están en execución. O sábado 26 ás 11:00 horas farase un percorrido guiado máis amplo por todo o xacemento.

A inscrición para anotarse en calquera das xornadas é gratuíta e xa está aberta. Debe formalizarse chamando ao 981604324, enviando un correo electrónico a turismo@alaracha.gal ou presencialmente na Oficina de Información Turística de Caión.