A Laracha propón un concurso de Marcapáxinas para o alumnado polo Día das Letras Galegas
02 de maio de 2022 (07:34 h.)
Concello da Laracha presentará nos próximos días o programa de actividades que se levará a cabo en torno ao Día das Letras Galegas, pero xa adianta a posta en marcha, por segundo ano consecutivo, dun concurso de marcapáxinas no que se convida a participar ao alumnado de educación primaria, isto é, a todos os nenos empadroados no termo municipal de idades comprendidas entre os seis e os doce anos.
Poden presentarse desde este luns e ata o día 18 de maio en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión).