Laracha recibe un premio, por 8ª vez, nos Premios María Moliner

Imaxe da Aula Lúdica da Laracha
Este sábado, autocine para adultos co filme Joker

O proxecto de dinamización da lectura titulado “Un libro: una sonrisa” do Concello da Laracha foi un dos galardoados nos premios María Moliner, o certame nacional que convoca o Ministerio de Cultura y Deporte para gratificar o labor de promoción da lectura desenvolvida polos municipios de menos de 50.000 habitantes.

É a 8ª vez que o Concelo recibe un destes recoñecementos, gratificados con 2.104,60 euros, que deberán destinarse exclusivamente á compra de libros ou publicacións periódicas para ampliar o catálogo das tres bibliotecas que existen no termo municipal.

A rede de bibliotecas e a aula lúdica son as armadanzas deste proxecto que nace para animar aos nenos de entre 3 e 12 anos de idade a desfrutar do pracer de ler e implicalos nas diferentes actividades que se levaron a cabo desde as bibliotecas municipais dentro dun ambiente propicio para a lectura. Desenvolveuse ao longo de todo o ano e incluíu, entre outras iniciativas, obras de teatro, contacontos participativos, concurso de marcapáxinas e actividades educativas e formativas como visitas guiadas ás bibliotecas.

Autocine

Continúa o programa de Autocine. Nesta ocasión a película será Joker, dirixida a persoas maiores de dezaoito anos de idade. Está centrada nas orixes do personaxe interpretada por Joaquin Phoenix e explora como e por que chegou a converterse no vilán máis famoso do universo Gotham City e no maior inimigo de Batman.
O pase principiará ás 22:30 horas deste sábado na praza Olonne sur Mer da Laracha. O acceso en vehículo permitirase desde media hora antes, sendo a entrada gratuíta ata completar a capacidade máxima do recinto, sen necesidade de reserva previa.