Liberan un rapaz de 12 anos tras un accidente no Cancelo

Esta mañá de domingo, arredor das 12:40h, rexistrábase un accidente no punto quilométrico 2,2 da AC-552, no lugar do Cancelo, na Laracha.

Dous vehículos, un Citroen Berlingo e unha Renault Trafic, sufrían un choque frontal, quedando o acompañante do asento dianteiro da Berlingo (un neno de 12 anos) atrapado. Os sanitarios desprazados ao punto puideron atendedel a pesar de ter atrapadas as pernas polo salpicadero. Estaba consciente, orientado e cun corte na fronte.

Os Bombeiros de Carballo, no lugar a demais da Garda Civil, liberaron ao menor para poder evacualo, para o que tiveron que forzar a porta e abater o salpicadeiro cara diante con equipos hidráulicos. Ás 13:00 o ferido xa estaba liberado e fóra do vehículo. Unha vez liberado bombeiros e sanitarios procederon á extracción do rapaz e o traslado á ambulancia para ser valorado e trasladado ao hospital Materno. A condutora e nai do menor non precisou asistencia.
No outro vehículo os dous ocupantes foron trasladados ao Quirón de forma preventiva.

Incendio dun autobñus

A tarde do sábado tamén foi accidentada en Cee. Un bus de Montúbs incendiabase á altura do cemiterio de Amexienda. Todos os pasaxeiros puideron saír a tempo, pero o susto, e as retencións, foron unha realidade.