Novas doazóns para as familias en situación de vulnerabilidade da Laracha

Rocío López, concelleira de Servizos Sociais, xunto ás patacas doadas por Cultiagro-Seragra.

Boas doazóns as que vén de recibir o Concello da Laracha para distribuir entre as familias en situación de vulnerabilidade a través do servizo de servizos sociais. A empresa larachesa de distribución de productos agrícolas Cultiagro-Seragra realizou unha doazón ao Concello de seiscentos quilogramos de patacas que serán repartidas entre as familias do termo municipal con escasos recursos económicos.

Do mesmo xeito, o Concello tamén recibiu doazóns de alimentos por parte dos comedores do CEIP Otero Pedrayo e da escola infantil A Galiña Azul, nos que a actividade está interrompida desde a entrada en vigor do estado de alarma.