Poñen en valor as obras de mellora na Escola Infantil da Laracha

Visita institucional esta mañá na escola infantil pública autonómica da Laracha, para poñer en valor o investimento de 145.000€. O xerente do Consorcio Galego de Servizos e Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou o centro acompañado do alcalde do concello, José Manuel Varela.

As obras, que contratará e executará o concellos, consistiran na substitución de pavimentos, en completar a instalación de chan radiante, na pintura integral no interior do edificio e na revisión e mellora das carpinterías interiores.

Así mesmo, renovaranse os aseos infantís e parte do mobiliario, entre outros traballos programados. As intervencións realizaranse principalmente durante o vindeiro verán, aproveitando o peche da escola por vacacións.