A praia de Caión terá 10 socorristas este verán

Alcalde e Conselleira izando a Bandeira Azul na praia de Caión en 2019 xunto co equipo de socorristas

Prepara o verán o Concello da Laracha, e faino reforzando o servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión, unha das 10 praias da Costa da Morte con Bandeira Azul. Dende mediados de xuño serán 9 socorristas e un coordinador (un efectivo máis que o verán pasado) os que coiden dos bañistas.

Son dúas as empresas que optan ao servizo, e a mesa de contratación decidirá nos próximos días. A que saia adxudicataria do contrato por case 60.000 terá que dotar o areal de 7 socorristas e un coordinador (polo menos un menos coa titulación de patrón de embarcación) do 15 de xuño ao 15 de setembro, todos os días entre as 12:00 e as 20:00 horas.

O Concello espera que se aproben as axudas da Xunta para dotar con 2 efectivos máis o dispositivo.

Novas relacionadas