Rescatados un neno e unha muller dunhas rochas de Caión
Un home e unha muller tiveron que ser rescatados tras resultar feridos mentres practicaban surf en Caión, esta tarde de mércores, arredor das 15:30h. Un particular alertou de que unha persoa estaba ferida e illada nunhas rochas fronte ao porto de Caión.
Os membros de Protección Civil solicitaron asistencia sanitaria, aínda que non só para atender á muller ferida. Segundo lle indicaron ao 112 Galicia, un rapaz, que se atopaba tamén nas rochas, conseguira chegar a terra cunha táboa de pádel e presentaba varias feridas e mazaduras. Mentres, unha lancha particular desprazábase ata o lugar onde agardaba a ferida.
Mentres tanto, unha lancha particular desprazouse ata o lugar onde esperaba a ferida. Unha vez en terra, ambas as persoas foron trasladadas ao Hospital Universitario da Coruña.