Trasladado ao CHUAC tras caer do cabalo en Soandres
21 de xuño de 2025 (14:17 h.)
Un home tivo que ser trasladado ao CHUAC por mor dunha caída dun cabalo nunha zona forestal na parroquia de Soandres, no Concello da Laracha.
O lugar do accidente, unha zona forestal en Soandres, era de difícil acceso para o persoal sanitario co seu vehículo polo que o 061 precisou da colaboración do equipo do parque provincial de Carballo para acceder ao lugar no que estaba o home e prestarlle asistencia. A persoa ferida puido ser trasladada nun dos vehículos do equipo de bombeiros ata ambulancia para o seu posterior traslado ao CHUAC xa no vehículo sanitario.