A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana

O Incendio de Corcoesto foi provocado por unha cacharela do San Xoán

Parece que non vai quedar impune un dos dous primeiros incendios da temporada de verán, o acontecido en Cabana o pasado San Xoán. Un Equipo de Seprona de Carballo está investigando a dúas persoas, sendo un deles C.P.V., ambos veciños de Carballo, polo incendio que afectou a 14 hectáreas no concello de Cabana.

Os feitos inciáronse a raíz dun servizo específico encomendado á patrulla de Seprona para inspeccionar os distintos incendios que ocorreron na súa zona de traballo. Unha vez que cotexaron a información de permisos sobre fogueiras ou parrillas autorizadas e realizaron as inspeccións oculares pertinentes, puideron dar coa autoría do incendio apuntado. Ao parecer, uns veciños que vivían a escasos 15 metros de onde se iniciou a queima, fixeran unha cacharela que posteriormente apagaron con auga dunha manguera e foron durmir, sen decatarse ata o día seguinte de que fora mal apagada, polo que as chamas propagáronse.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).