Cabana recupera as súas lembranzas do século XX nun libro

EXPOSICIÓN LIBRO CABANA copia

Comeza en Cabana unha recollida de material fotográfico do século XX co obxectivo de etiquetalo e reunilo nun libro e nunha exposición baixo o título ‘O caixón das lembranzas’.

A iniciativa actívase logo do éxito da campaña de recordos fotográficos que Cabana iniciou nas súas redes sociais o pasado 1 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller, e que finalmente se prolongará durante as vindeiras semanas.

Vista a boa reacción da veciñanza, o Concello, a través do departamento de Cultura, que xa conta cunhas 120 fotografías antigas, piden a colaboración da veciñanza para que poidan aportar as imaxes que teñan gardadas na casa e crear un arquivo o máis amplo posible, e poder construír un relato sobre a historia e evolución de Cabana a través da fotografía.