O Castro Borneiro volveu vestirse da época castrexa
15 de xullo de 2024 (08:15 h.)
O Castro de Borneiro volveu vestirse de época para celebrar unha nova edición do Castro Animado. Ducias de veciñas e visitantes que se citaron no Castro A Cidá de Borneiro puideron regresar durante unhas horas á idade castrexa.
Durante a tarde puideron gozar dunha ampla variedade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos entre as que se incluiron unha xuntanza entre habitantes doutros castros, animación musical da man de Egueire e a banda de gaitas O Son do Castro, o espectáculo teatral ‘Moby Dick’ e visitas animadas co castrexo Borneiro, Yago Espasandín.
Tamén houbo degustacións dalgunhas das receitas máis sobranceiras da gastronomía local, así como mostras de artesanía, cerámica e outras propostas.