Crea o teu meco e participa no Entroido de Cabana
04 de febreiro de 2021 (11:29 h.)
Non haberá desfiles, nin gala no pavillón. Pero Cabana terá un entroido singular pola rede. Son 3 os concursos abertos, co obxectivo de promover a participación da veciñanza de todas as idades e manter vivo o espírito destas datas tan especiais.
O máis singular é o de ‘Crea un meco’, que haberá que colocar na horta ou en calquera recuncho, botarlle unha fotoo e mandalo ao 609 212 230 ou a cultura.concello@gmail.com. O premio será unha tablet.
‘Xogando a ser outr@s’, será o Concurso de Comparsas convivintes (e individual).