Dani Barcia celebrou o ascenso do Dépor na súa casa cabanesa
15 de xullo de 2024 (08:54 h.)
Domingo de festa branquiazul en Cabana. Dani Barcia, o central do Dépor, volveu á súa casa para celebrar cos seus o ascenso á 2ª División. Nunha fermosa velada ateigada de curmáns e familiares, non dubidaron en baixar á praia do Pendón, e izar a bandeira branquiazul no areal.
Mágoa non ter podido contar con el na presentación do álbum de cromos que fixemos en Cabana, e poder compartir aquela experiencia cos Jairo e Brais, pero xusto ao día seguinte tiña exame en Madrid.