Denuncian as graves eivas da escola infantil "A Casa dos Títeres"

Humidades na escolina Casa dos Titeres de Cabana
  • O BNG lamenta que o Concello de Cabana perdeu unha axuda para o arranxo da escola infantil

O estado da Casa dos Títeres de Cabana é moi mellorable. As humidades campan ás anchas pola escola infantil, pola “falta de mantemento”, segundo denuncia o BNG, que visitou o centro hai un par de semanas.

O BNG constatara ademais que o Concello de Cabana perdeu unha axuda para mellorar a escola por falta de execución, e agora está preparando un novo proxecto no que terá que refomar parte da cuberta a substituír que aínda está formada por planchas de fibrocemento con amianto na súa composición. “Isto supón, como é sabido, que deben ser retiradas por empresa debidamente autorizada e con estrictas medidas de seguridade”, polo que piden que non se realicen as obras durante o curso.

Así o BNG pide que se ampllíe o proxecto de reparación da Escola dos Títeres para que se proceda ao saneamento das instalacións interiores de forma definitiva e non só cun lavado de cara. E que as obras non se realicen ata o verán.

A explicación do BNG

Con estes vídeos, Tatiana Rellán, do BNG, explica a situación: