Garabato leva unha exposición de artistas bergantiñáns ao Dolmen de Dombate

O Centro Arquelóxico - Dolmen de Dombate acollerá ata o 1 de xullo deste ano, ‘A touza dos artistas’, unha exposición creada a través de artistas de diversas técnicas, correntes e liñas inspiracionais.

Unha exposición organizada polo Concello de Cabana, co apoio da Deputación da Coruña e o Estudo Garabato, que ofrece amalgama única de obras dos e das artistas bergantiñáns contemporáneos Cristina Castro (Carballo), Isabel Soutollo (Coristanco), Josecho González (Carballo), Maribel Castiñeira (natural de Leiloio, residente na Laracha), Milagros Cotelo (Carballo) e Mon Lendoiro (Carballo).

A mostra inaugurarase este xoves, 18 de abril, nun acto aberto ao público programado para as 20:00 horas, e o horario de visita
será desde as 10:30 ata as 13:30 horas e, polas tardes, desde as 16:00 ás 18:00 horas.