Dombate prepárase para acoller a súa Carreira Popular

O vindeiro 19 de setembro, o Dolmen de Dombate vestirase de curto para acoller a XI Carreira Popular que leva o seu nome. Con distancias de 3 e 10K, a proposta ofrece servizo de buses, gardarroupa, avituallamento, duchas e mesmo fisioterapia. Pero ademais, a experiencia pode completarse co tren turístico para achegar aos corredores e público ao pavillón.

A inscrición xa está aberta en dolmendedombate.ccnorte.com.