Dombate xa ten horario de verán
09 de xuño de 2020 (10:10 h.)
De momento o aforo máximo é de 15 persoas en cada edificio, é dicir 30 en total. E si que é posible facer visitas guiadas a grupos, pero repartida a xente por quendas segundo ese aforo.
Así son as normas en Fase 3 do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, coordinado polo Servizo de Patrimonio e Contratación da Deputación da Coruña e o Concello de Cabana.