A empresa social de Íntegro, Máis Porvir, contrata dous novos empregados con discapacidade para a limpeza

O Centro Especial de Emprego MAIS PORVIR Xestión Social, a empresa social da Asociación Íntegro, segue promovendo a inserción laboral de persoas con discapacidade. Fíxoo esta semana pasada coa contratación de dous auxiliares de limpeza para a realización de tarefas de limpeza e mantemento de instalacións cabanesas. Os traballadores/as son dous dos alumnos/as que participaron na acción formativa “Experto en limpeza de inmobles”, impartida pola entidade do 23 de novembro ao 11 de xaneiro deste ano.

Todo parte dunha iniciativa co-financiada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil, o Fondo social Europeo (FSE) e a Fundación ONCE, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, que creou un curso coordinado pola asociación Inserta Empleo cunha duración de 150 horas, na súa maioría de carácter práctico.