Empresarios de Bergantiños participaron na creación do Plan de Turismo na terceira mesa de traballo da CMAT

Mesa de traballo celebrada en Carballo A cita de Carballo puxo fin á primeira serie de contactos directos co sector turístico artelladas pola CMAT para elaborar conxuntamente o Plan de Turismo da Costa da Morte, ca colaboración dos concellos do xeodestino, APTCM, numerosas empresas turísticas locais e outras entidades supramunicipais.  Foron 3 mesas de traballo público-privadas ás que acodiron un centenar de axentes. Á última, celebrada este luns na Biblioteca Rego da Balsa, acodiron 40 persoas da comarca de Bergantiños. As sesións serviránlle á CMAT, para obter información relevante sobre as necesidades do sector, as súas prioridades, as súas propostas e a visión sobre o destino de Costa da Morte a corto, medio e longo prazo. Dende a entidade valoran a presencia de empresarios, unha vez que alcaldes, concelleiros e técnicos teñen confirmada sempre a súa aprticipación nestas citas. Neste caso participaron, entre outros, reprensentantes de establecementos de toda a bisbarra: Buceo Malpica, Centro Comercial Aberto, Balneario de Carballo, Artsurfcamp, Surf Carballo, Playa de Laxe, A Torre de Laxe, Fonte de Fraile, As Garzas, Hostal Panchito, Pensión Teima, Casa do Caseiro, Casa de Lelo, Restaurante Río Sil, Casa Lugar de Trasande, A Ventana, O Ben me sabe, Taberna O Lesto, Casa do Caseiro...

ENQUISA

Finalizado o prazo para cumprimentar e enviar a enquisa dirixida a empresas turísticas da Costa da Morte, a CMAT recibiu un total de 74 formularios cubertos, procedentes de aloxamentos, restaurantes, empresas de turismo activo, empresas de ocio náutico, guías, artesanía e comercio local, transportes e axencias, entre outros. Estos cuestionarios recollen achegas e reflexións moi interesantes para incorporar no Plan de Acción, tanto a nivel de diagnose como dende o ambito propositivo. O Plan de Concertación darase por finalizado na primeira quincena de xuño, na que se desenvolverán as últimas reunións con outros organismos implicados no desenrolo turístico da Costa da Morte e de Galicia.

Novas relacionadas

  https://quepasanacosta.gal/mais-de-30-persoas-participan-na-segunda-mesa-de-traballo-organizada-pola-cmat/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-inaugurou-as-mesas-de-traballo-que-buscan-o-consenso-de-entidades-publicas-e-privadas-para-o-plan-turistico-da-cdm/ https://quepasanacosta.gal/a-cmat-invita-as-empresas-a-participar-na-elaboracion-do-plan-de-accion-de-turismo-da-costa-da-morte/