Íntegro recoñece ás #MulleresQueInspiran polo 8M
Arrincou onte a campaña #MulleresQueInspiran. Unha campaña da Asociación Íntegro polo Día Internacional da Muller que busca dar visibilidade á diversidade de mulleres que forman parte das nosas vidas, recoñecer o seu papel fundamental na sociedade e promover valores como a igualdade de oportunidades, a diversidade e o respecto.
Dende a primeira recoñecida, Ana Ferreiro, a entidade dará a coñecer diariamente nas súas redes sociais a historia dunha muller anónima inspiradora, valente e cunha traxectoria que merece ser contada, contribuíndo así a encher o espazo dixital de referentes femininos reais e próximos.
A través desta acción, Íntegro pretende implicar tanto ao tecido asociativo como á cidadanía nunha mensaxe positiva e transformadora, dando protagonismo ás mulleres que inspiran, acompañan, lideran e constrúen comunidade día a día. A campaña está aberta á participación de toda a cidadanía e tamén ás entidades sociais que desexen sumarse á iniciativa.