Jorge Mira guiará noutra Ruta das Estrelas por Dombate-Borneiro

O vindeiro luns 16 de agosto, volve unha das súas actividades máis agardadas do programna cabanés: a ruta das estrelas co catedrático en física Jorge Mira.

O evento terá lugar o vindeiro martes, 16 de agosto, a partir das 22.00 horas, tendo como punto de saída o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. Durante a actividade as persoas asistentes poderán contemplar os ceos nocturnos desde o Castro de Borneiro.

Non é necesaria inscrición previa e recoméndase levar roupa e calzado de abrigo, así como lanterna.