Jose Antonio Viña Patiño, novo Coordenador Comarcal do PSdG de Bergantiños

Jose Antonio Vila Patiño con Carmen Vila nun acto co PSdG

O exconcelleiro carballés José Antonio Vila Patiño foi escollido na Comisión Executiva Provincial celebrada este pasado sábado, como novo coordenador comarcal do PSdG en Bergantiños. Así o decidiu o Secretario Provincial de Organización, José Manuel Lage Tuñas, pois Vila Patiño recibiu un apoio unánime e o consenso de tódolos representantes municipais da comarca de Bergantiños (A Laracha, Ponteceso, Carballo, Laxe, Coristanco, Cabana e Malpica )que non fixo necesaria votación algunha.

Tuñas destacou a experiencia do novo coordenador, que estableceu o seu compromiso para “unha efectiva coordenación política que permita sinerxias entre os concellos da comarca, buscando no día a día unha maior presencia na sociedade por parte do PSdeG-PSOE”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)