As mariscadoras do Anllóns sacan peito do seu berberecho

A Agrupación de Mariscadoras do Anllóns mantiveron esta mañá unha xuntanza coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, e á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, en presenza do alcalde cabanés José Muíño.

Durante o encontro analizáronse diferentes vías de colaboración e déronse resposta ás principais demandas deste colectivo, que forman 30 traballadoras que traballan principalmente ao berberecho. O máis importante é o estado de saúde dos bancos, aínda en fase de recuperación despois dos últimos anos de alta mortalidade.

Tamén quixeron loubar as accións medioambientais e vinculadas co ecoturismo que intentan desenvolver as mariscadoras.

As responsables da Xunta lembraron os máis de 230.000€ que recibiron as mariscadoras en axudas nos últimos 3 anos, e analizaron os resultados das actuacións realizadas durante este exercicio nos bancos marisqueiros.