Un motorista ferido tras un accidente no cruce da Mata

Esta tarde de domingo 7 de xaneiro tivo outro accidente grave na Ac552. Desta volta eran unha moto e un coche os que colisionaban no cruce que cara A Mata, entre os desguaces Rutabella e Gallega, parroquia de Rioboo, Cabana.

O condutor da moto, de 48 e natural da Coruña, tivo que ser traslado en Ambulancia con politraumatismos para o CHUAC.

O do coche resultou ileso. Ademais do 061 de Ponteceso tamén participaron no operativo membros do Ges de Ponteceso e Tráfico.