As músicas de Cabana á escena
17 de novembro de 2025 (07:34 h.)
O auditorio municipal encheuse ata a bandeira para gozar do festival As Nosas Músicas, un evento xa consolidado como unha cita imprescindible no calendario cultural cabanés. Oito artistas e agrupacións subíronse ao escenario para ofrecer unha tarde chea de talento e emoción, recibindo o aplauso entusiasta do público en cada unha das actuacións.
Desde o goberno local destacan a excelente acollida que, ano tras ano, ten este festival, convertido nun símbolo do apoio á creación musical do municipio.