O CMAT prepara o Plan de Acción aínda pendente dos Concellos de Cee e Carnota
18 de maio de 2017 (10:24 h.)
INTERNET
Quedoulle claro a Nava cales son as verdadeiras necesidades en materia de infraestruturas na zona. Xa non é a primeira vez que o escoita, porque ten zonas que non teñan conexión 3G ou 4G ou pouca cobertura telefónica é unha verdadeira carencia. Algún alcalde tívollo que recordarllo, e Castro saíu co argumento desas Axudas de AMTEGA que ningunha compañía quere facer efectivas por non saírlle rentables. Así non se pode. En todo caso, os costeiros esperan que sexa verdade o que asegurou a directora de Turgalicia: “Baixarei para atender as vosas suxerencias as veces que faga”.Asemblea extraordinaria
A sesión deu paso á Asemblea da CMAT para a presentación das actividades e a aprobadción das contas de 2016, coa aprobación dun crédito ponte, a nome de Eduardo Parga (xa ex-presidente) e Pablo Canosa (Secretario) para adiantar eses cartos que sempre tardan en chegar das administracións. Houbo renovación da Xunta Directiva quedando o alcalde de Mazaricos, Xosé Xoan Blanco, como Presidente (tomando o relevo do alcalde malpicán). O vicepresidente será o alcalde de Laracha, José Manuel López Varela; o Tesoureiro, o alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso, Pichurri. E por parte da patronal APTCM, Pablo Canosa das Eiras de Lires será o Secretario e Silvia Bouzas, do Praia de Laxe, vogal.Que concellos quedan sen pagar?
Un dos puntos importantes desta reunión foi a valoración de inicio de expediente do CMAT aos Concellos que non pagan. Se Muxía ultimou o pago das cotas a raíz das últimas aparicións na prensa, Camariñas, Corcubión, Ponteceso e Laxe aseguraron que ían pagar en breves. Quedan tres casos no aire. Coristanco dixo que esperaba que nos vindeiros meses aprobar a adhesión, pero que depende de intervención e da aprobación en pleno. De Cee nada se sabe, porque non aparece nin paga a súa cota. E Carnota xa manifestou que “non quere estar na Costa da Morte”, en palabras do propio alcalde. Deste xeito, o Xeodestino quedará algo coxo e veremos como se paquetizan eses produtos sen poder contar con concellos tan fundamentais para o sector.Novas relacionadas
- Maio 2017: A CMAT valora un ano e medio de actividades a pesar das carencias.
- Abril 2017: O CMAT lanza novos Cursos de Empratado e de Calidade Alimentaria e Alimentación Saudable.
- Febreiro 2017: A APTCM focaliza esforzos nunha Xerencia, na formación e nun mapa xenérico.
- Xaneiro 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur.
- Xaneiro 2017: O Turismo dumbriés medrou un 500% nos últimos 5 anos.
- Novembro 2016: 3 únicos representantes costeiros na Feira Internacional Intur
- Xosé Regueira: “No sector turístico fai falta formación, e non só dos hostaleiros, se non tamén a nivel estratéxico, dos empresarios.
- Novembro 2016:O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
- Setembro 2016: Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- Febreiro 2016: O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014.
- Febreiro 2016: A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT.
- Xaneiro 2016: “O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección”.
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Agosto 2015: O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta.
- Febreiro 2015: CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)