Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino

Os centros participantes no VI Concurso de Murais de Azulexo Costa da Morte quentan motores. Os institutos e asociacións comezan a recibir o seu curso de formación en Lar, para mergullarse de cheo na execución do seu proxecto.

Nesta ocasión, foron os alumnos do CPI Cabo da Area de Laxe e os usuarios da Asociación Integro de Cabana de Bergantiños, os que recibiron as primeiras sesións formativas para aprender a traballar co azulexo. Unha gran experiencia para aprender artes plásticas, levadas totalmente á práctica, tendo ademais que traballar en grupos e fomentando a creatividade e a coordinación.

Ambos centros quedaron moi satisfeitos coas directrices que José Ogando (responsable da formación) lles vai ofrecendo para unha correcta manipulación das ferramentas e o azulexo para a súa seguridade, así como dos cementos colas utilizadas na creación dos murais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).